UNHA DAS TEMÁTICAS QUE SE ABORDAN DENDE A EDUCACIÓN EN VALORES É A EDUCACIÓN AMBIENTAL. NON CABE DÚBIDA DA IMPORTANCIA QUE ESTA TEN DENDE AS PRIMEIRAS ETAPAS EDUCATIVAS PARA QUE OS NEN@S TOMEN CONCIENCIA DE QUE É PRECISO COIDAR O ENTORNO NATURAL QUE NOS RODEA.
NO DÍA DE ONTE, CONMEMORAMOS O DÍA DA ÁRBORE, FOMENTANDO O COIDADO DOS NOSOS MONTES, E NON SÓ O COIDADO DA FLORA SENÓN TAMÉN DA FAUNA.
POIS BEN, COMO NON PODE SER DOUTRO XEITO, DENDE ESTE BLOGUE QUERO FACER MENCIÓN DOUTRA CONMEMORACIÓN RELACIONADA COA EDUCACIÓN AMBIENTAL; O DÍA MUNDIAL DA AUGA.
CADA ANO, DESTÁCASE UN ASPECTO EN PARTICULAR. ESTE ANO TRATA SOBRE A AUGA E A SEGURIDADE ALIMENTARIA.
AQUÍ VOS DEIXO UN GLOGSTER QUE CONTÉN CONTOS, VIDEOS E XOGOS RELACIONADOS COA AUGA...
É UN GLOGSTER ELABORADO POR ANA MARTINEZ REY, PUBLICADO NO SEU BLOGUE http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/.
A CONTINUACIÓN, DÉIXOVOS TAMÉN UN ENLACE CON RECURSOS EDUCATIVOS QUE PODEMOS ATOPAR NO PORTAL DO INTEF...
Grazas por compartir o meu glogster e permitirme coñecer así o teu blogue. É chulísimo. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas a ti Ana!! Un verdadeiro luxo poder compartir materiais e recursos elaborados por docentes coma ti. Parabéns polo teu traballo!!
ResponderEliminar