martes, 29 de abril de 2014

A NOSA VISITA Á GRANXA

COMO O PROMETIDO É DÉBEDA, NESTA ENTRADA VOU ENSINARVOS TODAS AS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS NA NOSA VISITA Á GRANXA. NON VOS PERDADES DETALLE...

Á NOSA CHEGADA RECIBIUNOS CON MOITO AGARIMO O MÁIS GRANDE DOS ANFITRIÓNS...AGORA ENTENDEREDES PORQUE DIGO O DE MÁIS GRANDE!


SIIIII!! EXACTO!! RECIBIUNOS UN FERMOSO SAN BERNARDO CHAMADO VALENTÍN.

DESPOIS, COÑECIMOS A TOD@S OS MONITORES QUE ALÍ HABÍA, QUE ERAN OS QUE NOS ÍAN AXUDAR A REALIZAR TODAS AS TAREFAS DA XORNADA. PARA ISTO, PRECISÁBAMOS COLLER ENERXÍA, POR ISO, ANTES DE COMEZAR, INXERIMOS UN BO BOCADILLO DE XAMÓN YORK.


XA DISPOSTOS E CON MOITA ENERXÍA, COMEZAMOS COAS NOSAS TAREFAS. COIDAR UNHA GRANXA DA MOITO CHOIO!

PARA COMEZAR, FOMOS OBSERVAR O LEITE DA VACA QUE TIÑAMOS PREPARADO PARA FACER O NOSO QUEIXO. OBSERVAMOS QUE O LEITE ESTABA EN ESTADO LÍQUIDO E, A CONTINUACIÓN, BOTAMOS OS INGREDIENTES NECESARIOS; 3 CULLERES DE CALLO E UNS BOS PUÑADOS DE SAL. 



SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

COMO TIÑAMOS QUE ESPERAR A QUE O LEITE CALLARA PARA CONTINUAR O PROCESO, APROVEITAMOS ESE TEMPO PARA IR DARLLE DE COMER AOS ANIMAIS, EN CONCRETO, ÁS GALIÑAS E AOS COELLOS. QUEREDES VER QUE BEN O FIXEMOS?


SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

PARA QUE VEXADES MELLOR COMO PREPARAMOS O ALIMENTO BOTADE UNHA OLLADA A ESTE VIDEO...


VID 20140428 123808 from silvia on Vimeo.

NO NOSO PERCORRIDO POLA GRANXA, ATOPÁMONOS TAMÉN CON HARMONIOSO...QUE NON SABEDES QUEN É? POIS MIRADE, MIRADE...




REMATADA ESTA TAREFA, E PASADO O TEMPO SUFICIENTE PARA QUE CALLARA O LEITE, FOMOS DISPOST@S A SEGUIR CO PROCESO DA ELABORACIÓN DO QUEIXO. PARA ISTO, PUXÉMONOS UNS GORROS PARA EVITAR QUE ALGÚN DOS NOSOS CABELOS SE COLARA POR ALÍ...MIRADE QUE GUAP@S ESTAMOS!!




SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

DESPOIS DE CORTALO, CHEGABA A HORA DE DESFACERSE DO SORO COA AXUDA DUN COADOR. E, COMO NON, DÉUSENOS ESTUPENDAMENTE! QUEREDES VER O RESULTADO?




ANTES DE IR XANTAR, TIÑAMOS QUE IR FACER OUTRA ACTIVIDADE MOI...ECOLÓXICA. UNS BUGALLOS E  UNS AROMAS NATURAIS, COMO A MADRESELVA E A LAVANDA, FORON OS MATERIAIS QUE PRECISAMOS PARA ELABORAR UNS AMBIENTADORES SUPER CHULOS. 


APROVEITANDO OS BURATIÑOS QUE ALGÚNS PAXAROS LLE FAN AOS BUGALLOS, INTRODUCIMOS OS AROMAS PERO...COMO? POIS DO MESMO XEITO QUE O FIXERON OS NOSOS PEQUES. PRESTADE MOITA ATENCIÓN.


SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely by Slidely Slideshow

DESPOIS DE TANTO TRABALLO, XA TIÑAMOS MERECIDO UN BO XANTAR! PERO...A QUE NON ADIVIÑADES CAL FOI O NOSO POSTRE?. POIS CLARO! O QUEIXO FEITO POR NÓS! Mmmmmmm.... DELICIOSO!



SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

ANTES DE POÑER RUMBO AO NOSO COLE, PUIDEMOS XOGAR UN POUCO NAS INSTALACIÓNS. PASÁMOLO XENIAL NO AREAL PERO TAMÉN OBSERVANDO TRITÓNS, RÁS, PEIXES E TARTARUGAS NUNHAS CHARCAS FERMOSÍSIMAS QUE HABÍA ALÍ. QUEREDES VELAS?




COMO PODEDES VER, PASÁMOLO XENIAL, Á VEZ QUE APRENDIMOS UNHA MOREA DE COUSAS. CON ESTA ACTIVIDADE ESTRELA, XA PODEMOS DAR POR FINALIZADO O NOSO PROXECTO!

6 comentarios:

  1. Menuda excursión! Fixestes un montón de cousiñas e vese que o pasáchedes ben non, o seguinte. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que foi un día completiño! Agora sabemos todo o traballo que dá unha granxa!! Aos peques encantoulles vivenciar todas as tarefas que alí se fan a diario. Foi unha saída perfecta para poñer fin ao proxecto!. Un biquiño Ana.

    ResponderEliminar
  3. Silvia, que pasada, hicieron muchísimas actividades en la granja, seguro que lo pasaron genial ademas de aprender un montón de cosas....que bien que hayan podido vivir la experiencia de hacer queso...me ha encantado. Un besete y feliz fin de semana guapa.

    ResponderEliminar
  4. Gracias Cati!! La verdad es que les ha encantado!! Cuando llegó la hora de volver a casa ya me estaban preguntando cuando volviamos allí!! jeje. La experiencia de la elaboración del queso ha sido perfecta par afianzar contenidos que ya habiamos trabajado previamente. Un besito fuerte Cati!!

    ResponderEliminar
  5. La experiencia del queso tiene que ser preciosa.
    Gracias por compartir.

    ResponderEliminar
  6. Siiiii...sobre todo cuando previamente habíamos trabajado el proyecto de la vaca. A los peques les ha encantado!. Gracias por comentar Blanca. Un beso.

    ResponderEliminar