ALÓ POLO NADAL, SE VOS LEMBRADES, FIXEMOS UNHAS FIGURIÑAS PARA ORNAMENTAR O NOSO COLE CUNHA MASA CHAMADA PASTA DE SAL. COMO DISFRUTAMOS TANTO FABRICANDO ESTA MASA, NON DUBIDAMOS EN VOLVER FACELA PARA ELABORAR OS NOSOS COELLOS DE PASCUA.
ADEMÁIS, ESTA ACTIVIDADE PERMÍTELLE AOS NENOS INTRODUCIRSE PASENIÑO NA ELABORACIÓN DE RECEITAS (ENUMERAR INFREDIENTES, BOTAR PRIMEIRO UNS E DESPOIS OUTROS, MESTURALOS...) ASÍ COMO TRABALLAR HABILIDADES NUMÉRICAS E/OU CONCEPTOS BÁSICOS (CHEO/BALDEIRO, DURO/BRANDO).
PERO... POR QUE FACER COELLOS PARA CELEBRAR A PASCUA? EN REALIDADE, ESTE SÍMBOLO TEN A SÚA ORIXE NAS CELEBRACIÓNS ANGLO-SAXONAS. O COELLO, UN ANIMAL MOI FÉRTIL, ERA O EMBLEMA TERREAL DA DEUSA EASTRE, A QUEN SE LLE ADICABA O MES DE ABRIL
COMO PARA FACER OS COELLOS PRIMEIRO TIÑAMOS QUE ELABORAR A MASA PUXÉMONOS MANS Á OBRA (NUNCA MELLOR DITO)...
UNHA VEZ FEITA A MASA, DEIXÁMOLA UN POUQUIÑO EN REPOUSO E COA AXUDA DUNS MOLDES...FÍXEMOS OS NOSOS COELLIÑOS! MIRADE, MIRADE...
QUEDARON CHULOS VERDADE?
APROVEITO A ENTRADA PARA DESEXAR UNHAS FELICES PASCUAS A TODOS OS MEUS PEQUES,ÁS SÚAS FAMILIAS E A TODOS AQUELES QUE VISITADES ESTE BLOGUE.
Que preciosidade de traballos! Encántanme! Disfrutade dunhas merecidísimas vacacións de Pascua. Unha aperta.
ResponderEliminarE canto disfrutaron os peques coas mans na masa! Os coelliños quedaron ben bonitos verdade?. Un besiño Ana.
ResponderEliminar