HOXE, QUERÓVOS FALAR UN POUQUIÑO SOBRE O PLAN PROXECTA, UNHA INICIATIVA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PROMOVIDA POLA CEOU, QUE CONSTA DE DIVERSOS PROGRAMAS POSTOS EN MARCHA POR ENTIDADES ALLEAS AO SISTEMA EDUCATIVO.
AÍNDA QUE ESTA INICIATIVA ALBERGA UNHA MOREA DELES, QUERO FACER ESPECIAL FINCAPÉ NOS PROGRAMAS DIRIXIDOS Á ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL
PROXECTO RÍOS
ESTE PROXECTO PRETENDE INVOLUCRAR Á CIDADANÍA NA CONSERVACIÓN DOS SISTEMAS FLUVIAIS. MEDIANTE A PROPOSTA "ADOPTA UN RÍO" PRETÉNDESE DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE.
ALIMÉNTA-T BEN
A FINALIDADE DESTE PROGRAMA É A MELLORA DOS HÁBITOS ALIMENTICIOS DO ALUMNADO, FOMENTANDO NOS CENTROS EDUCATIVOS O CONSUMO DE FROITAS, LÁCTEOS OU CONSERVAS DO MAR.
NÓS TAMÉN CREAMOS!
ESTE É UN PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA A TRAVÉS DA CREATIVIDADE E A INCORPORACIÓN DAS TICs NAS AULAS. ASÍ, ADEMÁIS DE DAR RESPOSTA AOS OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE E VALORACIÓN SOCIAL DA LINGUA GALEGA, INCIDE TAMÉN NO EMPREGO DAS TECNOLOXÍAS.
A CONTINUACIÓN, DÉIXOVOS UN ENLACE PARA QUE PODADES VER A TOTALIDADE DOS PROGRAMAS QUE FORMAN PARTE DO PLAN PROXECTA DIRIXIDOS A OUTRAS ETAPAS EDUCATIVAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario