domingo, 6 de abril de 2014

OS RESCATADORES DE AUGA DOCE

COMO XA SABEDES, O PASADO 22 DE MARZO CONMEMORAMOS O DIA MUNDIAL DA AUGA. UN DÍA ESPECIAL NO QUE SE PRETENDE CONCIENCIAR ÁS PERSOAS DA IMPORTANCIA QUE TEN O CONSUMO RESPONSABLE DESTE BEN ESCASO. 

OBVIAMENTE, PARA CONCIENCIAR AOS MÁIS PEQUENOS, É PRECISO POTENCIAR A ADQUISICIÓN DE BOS HÁBITOS REFERIDOS AO CONSUMO DA AUGA DÍA A DÍA, DENTRO E FÓRA DA NOSA AULA. 

A RESPECTO DISTO,QUÉROVOS FALAR DA ACTIVIDADE "OS RESCATADORES DE AUGA DOCE" (DIRIXIDA A NEN@S DE ENTRE 5-12 ANOS) PROMOVIDA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN  CO PATROCINIO DA FUNDACIÓN AQUAE.

TRÁTASE DUNHA EXPERIENCIA, PENSADA PARA OS PEQUES E AS SÚAS FAMILIAS ,QUE CONVIDA A VIVIR DUN XEITO DIFERENTE A EXPOSICIÓN "AUGA DOCE" NO MUSEO CENTRO GAIÁS. GRAZAS A ESTA ACTIVIDADE, OS NEN@S CONVERTIRANSE POR UN DÍA EN SUPER HEROES E SERÁN OS ENCARGAD@S DE SALVAR A AUGA DO PLANETA DE TODAS AS SÚAS AMEAZAS.

A ACTIVIDADE TERÁ LUGAR TODOS OS SÁBADOS A PARTIR DO 12 DE ABRIL ATA O 28 DE XUÑO, INCLUÍDO O PERIODO VACACIONAL DE SEMANA SANTA. 

AS FAMILIAS INTERESADAS EN ASISTIR DEBERÁN RESERVAR A SÚA ENTRADA AQUÍ http://www.cidadedacultura.org/. SE QUEREDES AMPLIAR A INFORMACIÓN EN CANTO A DÍAS E HORARIOS VISITADE O SEGUINTE ENLACE http://www.edu.xunta.es/web/node/12142


AQUÍ VOS DEIXO TAMÉN UN VIDEO DAS AVENTURAS DE DOKI. NESTA, O AVENTUREIRO DESCOBRE A IMPORTANCIA DO COIDADO DA AUGA E DO MEDIO AMBIENTE.






No hay comentarios:

Publicar un comentario