jueves, 24 de abril de 2014

MANDA TRUCO!!

DURANTE XORNADA DE HOXE, POR XENTILEZA DA EDITORIAL SANTILLANA, PUIDEMOS DISFRUTAR DUN GRAN ESPECTÁCULO DE MAXIA. AO PRINCIPIO, PENSÁBAMOS QUE SE TRATARÍA DUN CONTACONTOS PORQUE O CAMIÑO A SEGUIR ERA O DA BIBLIOTECA PERO, DE SÚPETO, TACHÍN, TACHÁN...APARECEU UN MAGO!!!!
ENCANTOUNOS O SEU NÚMERO PORQUE FIXO UNS TRUCOS QUE NOS DEIXARON VERDADEIRAMENTE ABRAIADOS...





COMO VEDES, FIXO VOAR A UNHA POMBIÑA COA AXUDA DUNHA MESA E, POR SUPOSTO, COA AXUDA DUNHA PEQUENA PERO GRAN COLABORADORA.




DESPOIS, COA AXUDA DOUTRO PEQUE DA AULA DE 3 ANOS, CONVERTIU UN LIBRO DE GULLIVER NUN LIBRIÑO LILIPUTIENSE! VAMOS QUE ADAM AO CARÓN DO LIBRO ERA UN XIGANTE!!







POR SE NON ESTIVERAMOS XA ABRAIADOS, COA AXUDA DE MARC, DEBUXOU O SEU RETRATO NUNHA PIZARRA E...COMEZARON A MOVÉRSELLE OS OLLOS!! E CANDO ÍA BORRALO MOVÉUSELLE TAMÉN A BOCA PARA DICIR "NON ME BORRES!". IMPRESIONANTE!!




A CONTINUACIÓN, ENSINOUNOS UN BOTE TOTALMENTE BALDEIRO E, COA AXUDA DA NOSA VARIÑA MÁXICA (DEDO ÍNDICE EN MOVEMENTO) COMEZARON A SAÍR UNHA MOREA DE PANOS DE CORES!! E AQUILO NON PARABA!!




IGUALMENTE, COA AXUDA DA NOSA VARIÑA MÁXICA, CONVERTIU DÚAS BOLAS NUNHA FERMOSA FLOR...




E, POR SUPOSTO, O QUE MÁIS NOS IMPRESIONOU FOI VER COMO SACABA UN COELLO DA SÚA CHISTERA. 

CON TANTO TRUCO, NÓS NON PODIAMOS SACAR A OLLADA DE ALÍ, A VER SE CON UN POUCO DE SORTE ADIVIÑÁBAMOS COMO O FACÍA... 







PERO É MAXIA!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario