jueves, 3 de abril de 2014

O TOURO DO GUERNICA



PROFE: "SABEDES QUEN É ESTE AMIGUIÑO QUE NOS TROUXO A VACA BLANCA?"
PEQUES: "SIIIIII..É UN PINTOR"
PROFE (SORPRENDIDA): OHHH...E POR QUE SABEDES QUE ESTE SEÑOR É UN PINTOR?"
PEQUES: PORQUE LEVA BOINA E TODOS OS QUE PINTAN A LEVAN...

DESPOIS DESTA REFLEXIÓN, OBSERVAMOS QUE GIUSEPPE ARCIMBOLDO (UN PINTOR QUE ESTÁ PRESENTE NA AULA PORQUE TRABALLAMOS AS SÚAS OBRAS DURANTE O OUTONO) NON LEVABA BOINA. 

ENTÓN...TODOS OS PINTORES USAN ESTE COMPLEMENTO? CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE NON. SIMPLEMENTE SE TRATA DUN ESTEREOTIPO...

A CONTINUACIÓN, OBSERVAMOS UNHA DAS OBRAS DESTE ARTISTA..."O GUERNICA". PRIMEIRO OBSERVAMOS A OBRA COAS CORES ORIXINAIS...


DESPOIS, OBSERVAMOS A OBRA PINTADA CON OUTRAS CORES, ENUMERANDO CADA UN DOS ELEMENTOS QUE DISTINGUIAMOS...


COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, CHAMOUNOS A ATENCIÓN UN DOS ELEMENTOS QUE ALÍ APARECEN...A FIGURA DUN ANIMAL. 

PERO É ESTE ANIMAL UN TOURO OU UN BOI?


FIXÁNDONOS MOI BEN, OBSERVAMOS QUE ESTE ANIMAL TEN TESTÍCULOS. POLO TANTO, A DÚBIDA ESTABA RESOLTA; É UN TOURO. XA SABEMOS QUE OS BOIS NON OS TEÑEN PORQUE ESTÁN CASTRADOS.

A CONTINUACIÓN, PROPÚXENLLES AOS NENOS CONVERTIRSE EN PEQUE-PICASSOS E FACER UNHA OBRA DE ARTE QUE TIVERA COMO PROTAGONISTA AO TOURO DO GUERNICA. 

ASÍ, NO RECANTO DE ARTE, CONVERTÍMONOS EN PINTORES E FIXÉMOLO ASÍ DE BEN...



SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely by Slidely Slideshow

E ASÍ DE CHULÍSIMOS NOS QUEDARON...



No hay comentarios:

Publicar un comentario