DURANTE ESTE SEGUNDO TRIMESTRE, COMO XA SABEREDES, ESTIVEMOS A INVESTIGAR COUSIÑAS SOBRE A VACA E, POR EXTENSIÓN, TAMÉN SOBRE OUTROS ANIMAIS DA GRANXA.
PARA POÑER EN ORDE TODOS OS NOSOS COÑECEMENTOS, ELABORAMOS UN MAPA CONCEPTUAL EMPREGANDO O MATERIAL DOS XOGOS DA ASAMBLEA QUE LEVAMOS A CABO DURANTE ESTE TEMPO.
ASÍ, FOINOS MOITO MÁIS DOADO REPASAR TODO O QUE APRENDIMOS...
RECOPILADA TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISABA A NOSA VACA BLANCA - LEMBRADE QUE AO COMEZO DO PROXECTO NOS ESCRIBIU UNHA CARTA PEDÍNDONOS AXUDA PORQUE CHEGOU PERDIDA AO NOSO COLE E NON SABÍA QUEN ERA- ENVIOUNOS A SÚA ÚLTIMA MISIVA DÁNDONOS AS GRAZAS POR AXUDARLLE COAS NOSAS INVESTIGACIÓNS E, COMO AGRADECEMENTO, DEIXOUNOS UNS QUEIXIÑOS FEITOS COA SÚA LEITE. DELICIOSOS!
A VERDADE É QUE NOS DEU MOITA PENA DESPEDIRNOS DELA PERO, Á SÚA VEZ, ESTABAMOS MOI CONTENTOS DE QUE, COA NOSA AXUDA. PUIDERA VOLTAR AO SEU ESTABLO.
A VER QUE NOVA AVENTURA NOS ESPERA Á VOLTA DAS VACACIÓNS!!...
O mapa conceptual quedouvos fabuloso. Vese que traballáchedes moitísimo. Unha aperta.
ResponderEliminarGracias Ana! A verdade é que resulta unha actividade moi útil para darte conta de todo o que aprenden os nenos grazas aos proxectos. Un saúdo e felices vacacións!
ResponderEliminarHola,
ResponderEliminaros he dejado un par de premios en mi blog. :) Gracias por compartir vuestro día a día. Un beso.
http://premiosrenacuajosinfantil.blogspot.com.es/2014/04/premio-one-lovely-blog-award-y-premio.html
Gracias Isabel! Me hacen mucha ilusión estes premios. Un saludo.
ResponderEliminar