NUNHA DAS ENTRADAS ANTERIORES XA COMENTEI QUE, GRAZAS A UN DOS LIBROS QUE NOS TROUXO GABRIEL, DESCUBRIMOS QUE A VACA NOS APORTA MOITOS BENEFICIOS, XA QUE DESTE ANIMAL NON SÓ PODEMOS OBTER LEITE - E CON EL ELABORAR OUTROS PRODUTOS COMA O IOGUR, O QUEIXO, A MANTEIGA- SENÓN QUE TAMÉN PODEMOS OBTER CARNE E, INCLUSO, EMPREGAR A SÚA PEL PARA FACER ZAPATOS.
PERO...E OS AMIG@S DA VACA QUE NOS APORTAN? ISTO TAMÉN O TIVEMOS QUE INVESTIGAR.
FOI MOI DOADO, SABEDES POR QUE? PORQUE AO COMEZO DESTE PROXECTO ALEX TROUXO UN LIBRIÑO DO CAL PODEMOS OBTER TODA ESTA INFORMACIÓN QUE PRECISAMOS. QUEREDES VELO?
A OVELLA E O PORCO
A GALIÑA E O POLDRO
A VERDADE É QUE CON ESTES EXCELENTES MATERIAIS QUE SELECCIONARON OS PEQUES, COA AXUDA DAS SÚAS FAMILIAS, FOI MOI DOADO LEVAR A CABO TODAS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS!
APROVEITO A ENTRADA PARA DARLLE AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS DOS MEUS PEQUES POR SER TAN COLABORADORES CANDO DAMOS COMEZO A UN PROXECTO. PREPARADOS PARA O SEGUINTE?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario