COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, A XORNADA DE HOXE ADICÁMOLA ÍNTEGRAMENTE A CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
AO CHEGAR Á AULA, ATOPÁMONOS CUN AGASALLO MOI ESPECIAL...
E NO SEU INTERIOR PUIDEMOS ATOPAR POESÍAS COMA ESTA...
COMO CADA UNHA DELAS COMEZA POR UNHA LETRA DO ABECEDARIO, DECIDIMOS QUE CADA DÍA, NA ASAMBLEA, LERÍAMOS A POESÍA CORRESPONDENTE Á INICIAL DO NOME DO ENCARGAD@. ESTUPENDO!
DESPOIS, PARA COLABORAR NUNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO CENTRO, FIXEMOS UNS FERMOSOS DEBUXOS DOS NOSOS CONTOS FAVORITOS. PARA ISTO, PRIMEIRO OBSERVAMOS OS CONTOS, MANIPULÁMOLOS E, COMO BOS ILUSTRADORES, FIXEMOS UNHAS PRECIOSAS ESTAMPAS.
XA POR ÚLTIMO, APROVEITANDO A ESTACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS, ELABORAMOS UNS MARCAPÁXINAS MOI PRIMAVERAIS.
GUSTARÍAVOS VER TODO O QUE TRABALLAMOS? POIS... BOTADE UNHA OLLADA AO SEGUINTE VIDEO...
Que gran traballo fixéchedes!!!!! Unha aperta e Feliz Día do Libro!!!!!
ResponderEliminarGracias Ana! Xa vin no teu blogue que vós, para celebralo, tivéstedes contacontos. A nós tócanos mañá...esperamos disfrutar moito del!
ResponderEliminarPor certo, encantáronme as actividades que fixestedes vós para o Día do Libro, sobre todo o conto inventado. Moi orixinal. Un biquiño Ana.